jueves, 29 de abril de 2021

XOGAMOS!

Na clase de 6º de Ed. Primaria elaboramos uns xogos para conmemorar este ano xacobeo, traballando no Proxecto Documentado Integrado do Centro "Sorpresiña fai o camiño"!

O traballo consta de dous xogos: un para os máis cativos (Ed. Infantil) e outro para os máis maiores (Ed. Primaria). Premede nos enlaces para entrar! Aínda que podedes participar todos/as😉

Ed. Infantil: RECOLLER CUNCHAS (premer na bandeira verde)

Ed. Primaria: PASAPALABRA (premer no botón de play)

XOGA CON NÓS E DESFRUTADE!



martes, 27 de abril de 2021

Día do Libro

 Dentro das actividades polo Día do Libro , tivemos a sorte de ter unha visita inesperada: Os PIÑEIRIÑOS estiveron no cole cantando e bailando 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼. Temos que lles dar as grazas por deixarnos compartir a súa actuación con todos vós. 



Adiviña o camiño!

Ola de novo!Hoxe os nenos e nenas de quinto de primaria danvos unhas pistas para descubrir  de que  camiño  a Santiago se trata. Adiviñádelo?

Clica na imaxe para xogar.



 

Camiño Portugués

 Hoxe tócanos a 4° de Primaria presentar o noso camiño, "O Camiño Portugués". Desexamos que vos guste.



lunes, 26 de abril de 2021

PASAPALABRA DO CAMIÑO (PARTE II)

 Este ano 2021 con motivo do ano Xacobeo, os alumnos/as de 6º de Ed. Primaria realizamos o noso propio pasapalabra relacionado co Camiño de Santiago. Atrévete a participar con nós nesta actividade! Déixanos as respostas no apartado de comentarios. 






Agardámosvos a próxima semana con novas palabras!


Ruta do Pai M.Sarmiento

Hoxe son os alumnos e alumnas de 3º de primaria os que os van levar por esta  fermosa  ruta que se achega ás terras do Salnés.  Esperamos que disfrutedes da viaxe!



viernes, 23 de abril de 2021

Seguimos camiñando!!!

Hoxe son os alumnos e alumnas de 2.º de Primaria os encargados de ensinarvos o seu traballo sobre o Camiño Primitivo, a primeira ruta existente cara a Santiago de Compostela. Disfrutádeo!



jueves, 22 de abril de 2021

Pasiño a pasiño....

 Pasiño a pasiño imos  facendo o camiño. Hoxe son os alumnos e alumnas de 1º de primaria os que nos levarán polo  Camiño do Norte. Anímaste a facelo con eles? 



miércoles, 21 de abril de 2021

Semana do libro

 Hoxe son os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil os encargados de que coñezades un pouquiño máis a Vía da Prata, a súa xeografía, a súa gastronomía e os monumentos que atoparedes se facedes  este camiño.  Que teñades un bo camiño!



martes, 20 de abril de 2021

Continuamos coa semana do libro!

 Continuamos coas sorpresas da Semana do libro!

Hoxe é o turno dos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil (4 anos) que vos amosarán as cidades máis coñecidas nas etapas do camiño xacobeo de maior percorrido... O CAMIÑO VÍA DA PRATA!

Invitámosvos a  coñecer as festas populares máis importantes destes lugares con esta trepidante historia que se titula...

CANDI E O SANTO GRIAL.

Esperamos que vos guste moito!!







lunes, 19 de abril de 2021

Arrancamos a Semana do Libro con moitas sorpresas!



Comezamos a Semana do Libro amosándovos a investigación que fixeron e todo o que aprenderon os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil sobre a Ruta Vía da Prata relacionada co Produto Documental Integrado do Camiño de Santiago que levamos a cabo na escola.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!



viernes, 16 de abril de 2021

Animación á lectura

 Hoxe temos un agasallo moi especial que queremos compartir con toda a comunidade educativa: Nuria e Martina contan a  historia dunha araña con moito  medo....





Bookface

 A recomendación lectora de Goyo, Lúa, Fabián , Lucas e Zaira é .....






jueves, 15 de abril de 2021

PASAPALABRA DO CAMIÑO

Este ano 2021 con motivo do ano Xacobeo, os alumnos/as de 6º de Ed. Primaria realizamos o noso propio pasapalabra relacionado co Camiño de Santiago. Atrévete a participar con nós nesta actividade! Déixanos as respostas no apartado de comentarios. 😊





Volvemos a próxima semana con outras catro palabras máis!
Os alumnos/as de 6º E.P.

 

miércoles, 14 de abril de 2021

Bookface

 Hoxe  foron  Hugo, David e Pablo de 6º de primaria os encargados do bookface. 





O autor desde libro é Xoán Babarro González que naceu en 1947 en Calvelo de Maceda. Actualmente, é profesor de galego en ensino secundario e autor de numerosas obras para nenos e rapaces.