domingo, 9 de febrero de 2020

Voluntarios da biblioteca

Este ano estivemos moi  ocupados o primero trimestre actualizando a nosa biblioteca, revisamos todos os libros que tiñamos para facer un expurgo moi  importante, pero xa estamos outra vez a pleno rendimento e xa empezaron tamén @s nos@s voluntari@s o seu traballo. Sen  eles a biblioteca non podería ser como é. Este ano estamos moi  conten@s, xa que se anotaron TOD@S OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ª  e 6ª !


Tamén temos, como todos os anos, un grupo de pais  e nais que veñen  como voluntarios os martes de 9,30 a.... cada un decide o tempo que pode compartir con nós. Facemos  a chamada a través das RRSS como Instagram e Facebook.






Radio na biblio

Seguimos con formación desde ano a cargo  de REDE ESPORA que nos deron  moitas ideas para aplicar na nosa emisora.Xa tivemos a frmación dos mestr@s e  xa estamos agardando  pola do alumnado que será nas vindeiras semanas.











Xa empezamos con pequenas  gravacións ...........







Plan Director

Dentro do PLAN DIRECTOR desde ano, tivemos varias charlas impartidas pola Garda Civil e dirixidas tanto ao alumnado como a nais e pais  e mestr@s sobre ciberbulling, violencia de xénero e uso responsable das novas tecnoloxías.











Día da Paz

O 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e da non Violencia. O equipo da biblioteca , organizou unha serie de obradoiros para que todo o alumnado fixera o seu colgante da PAZ.


Tiñamos tamén preparada a carreira a beneficio de  Save  the children pero tivemos  que aplazala  pola choiva . Finalmente esta semana , celebramos a nosa  carreira  con gran participación de toda a comunidade educativa.


º

Este ano, o noso proxecto  da biblioteca é “Sorpresiña vai ás olimpíadas” polo que tamén fixemos  entre todos, uns  aros olímpicos cheos  de mensaxes  de PAZ  que xa decoran a entrada do noso cole.