domingo, 31 de marzo de 2019

8 DE MARZO

Dentro das actividades do Día da Muller, este ano tivemos unha obra para os máis pequenos gracias ao concello de Sanxenxo. Na representación, entre cantos e xogos, coñecimos un poco máis a grandes mulleres galegas como Conceción Arenal, Ángeles Alvariño , Mª Victoria Moreno... Aquí tedes un pequeno resumo:


ENTROIDO

O Entroido do cole este ano foi moi mariñeiro xa que estaba relacionado co noso PDI "Sorpresiña coñece a Pinga". Todos os disfraces foron con motivos do mar: estrelas, peixes, polbos, mariñeiros, mexillóns,medusas, algas..... Despois do desfile compartimos os doces típicos  con toda a comunidade educativa na XVIII FESTA DO POSTRE TÍPICO DE ENTROIDO.






Ao longo da semana foron Esculín e  a mascota da nosa biblioteca, Sorpresiña, os que nos dixeron como tiñamos que vir:" o luns na cabeza algo traerás se aos teus amigos queres impresionar, o martes os teus pés se diferenciarán polo que os teus zapatos iguais non virán, o mércores a túa imaxinación deixarás voar e o teu pescozo  terás que adornar e o xoves terás que xuntar todas as prendas que na semana decidiches levar.


O sabor da aventura está no mar


Dentro do programa Alimenta-T Ben , está O sabor da Aventura está no Mar que ten como obxectivos: fomentar o consumo de peixe, familiarizar ao alumnado con mundo da pesca, transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta e coñecer as diferentes especies. A visita á Illa de Arousa enmárcase dentro deste programa así como os obradoiros que se fixeron no cole.

Dia de Rosalia

O Día Rosalía celebramos o noso Concurso de Recitado de poemas de Rosalía de Castro no que participan todos os alumnos/as de Educación Primaria. Este ano foi moi difícil elixir ao gañador, cada ano o xurado o ten máis complicado.No vídeo podedes ver un pequeno resumo.