domingo, 20 de octubre de 2019
Dia das Letras Galegas
Este año celebramos as Letras Galegas cunha actividade de gamificación para o alumnado de primaria: as probas estaban agachadas nos códigos QR e tiñan que descifralas coa axuda dunha “tablet”:
lunes, 29 de abril de 2019
Semana da Ciencia
Este ano tivemos a quinta edición da Semana da Ciencia en coordinación co equipo TIC. Parabéns a todos os participantes polos proxectos presentados! Gran nivel que fixo moi difícil ao xurado a decisión de cales eran os proxectos gañadores. No vídeo tedes un pequeño resumo da xornada.
Booktubers
Xa sabemos que estades a esperar a nova recomendación lectora dos e das
booktubers do cole... Xa tedes unha nova entrega, esta vez é un libro
para os máis pequenos.
CONTACONTOS
domingo, 31 de marzo de 2019
8 DE MARZO
Dentro das actividades do Día da Muller, este ano tivemos unha obra para os máis pequenos gracias ao concello de Sanxenxo. Na representación, entre cantos e xogos, coñecimos un poco máis a grandes mulleres galegas como Conceción Arenal, Ángeles Alvariño , Mª Victoria Moreno... Aquí tedes un pequeno resumo:
ENTROIDO
O Entroido do cole este ano foi moi mariñeiro xa que estaba relacionado co noso PDI "Sorpresiña coñece a Pinga". Todos os disfraces foron con motivos do mar: estrelas, peixes, polbos, mariñeiros, mexillóns,medusas, algas..... Despois do desfile compartimos os doces típicos con toda a comunidade educativa na XVIII FESTA DO POSTRE TÍPICO DE ENTROIDO.
O sabor da aventura está no mar
Dentro do programa Alimenta-T Ben , está O sabor da Aventura está no Mar que ten como obxectivos: fomentar o consumo de peixe, familiarizar ao alumnado con mundo da pesca, transmitir aos escolares a importancia do peixe e marisco na dieta e coñecer as diferentes especies. A visita á Illa de Arousa enmárcase dentro deste programa así como os obradoiros que se fixeron no cole.
Dia de Rosalia
O Día Rosalía celebramos o noso Concurso de Recitado de poemas de Rosalía de Castro no que participan todos os alumnos/as de Educación Primaria. Este ano foi moi difícil elixir ao gañador, cada ano o xurado o ten máis complicado.No vídeo podedes ver un pequeno resumo.
martes, 19 de febrero de 2019
Booktubers
Ola a todos! Temos xa unha nova recomendación lectora dos nosos booktubers! Esperamos que vos animedes a coller este libro na biblioteca, se non o atopas , pregúntalle aos voluntarios da Biblio.
Radio na biblio
Ola a todos e todas! Xa sabedes que este ano fumos elixidos para formar parte dos centros que teñen Radio na Biblio. Dentro deste programa, os alumnos de quinto e sexto disfrutaron dun obradoiro de radio cos amigos de Ponte nas Ondas. Aprenderon a modular a voz, como editar son , a manexar a mesa de mezclas... foi unha xornada moi intensa e , pola tarde..... foron os mestres os que se convirtieron en alumnos para aprender todo sobre a radio!
lunes, 11 de febrero de 2019
Voluntarias da biblio
Este ano, continuamos co programa de nais axudantes da biblioteca: os mércores de 9.30 a 12.00 veñen a axudar co traballo de ordenar, clasificar, etiquetar... Moitas grazas a todas!
domingo, 10 de febrero de 2019
Sorpresiña coñece a Pinga: O sabor da Aventura está no Mar
Estamos con moitas actividades relacionadas co PDI deste ano , que como sabedes ten como tema o mar, ríos, encoros, a auga.... Para coñecer de cerca o marisqueo, a lonxa e probar algúns produtos do mar fumos á Illa de Arousa o 7 e 8 de febreiro. Mirade o vídeo para saber máis da nosa visita.
BOOKS!
Ola a todos, aquí tedes un novo libro que podedes coller na biblioteca! Este, ten a traducción en galego. Temos toda a colección de libros bilingües galego-inglés. Achégate a biblio e poderás escoller o que máis te guste! You can borrow this book from our library!
Contacontos
Os máis pequenos do cole tiveron unha sesión de contacontos. " O
cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas " foi todo un éxito.
Tamén tivemos as nais de 2º de primaria que viñeron compartir connosco os seus contos. Moitas grazas!
Plan Director
Dentro das actividades do Plan Director en colaboración coa Garda Civil tivemos unha sesión sobre os riscos en Internet e nas Redes Sociais para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Proximamente, o día 19 de febreiro ás 18 horas, haberá unha nova cita sobre a mesma temática para os pais e nais que o desexen.
Teatro Burbullas de Paz
O martes 5 de febreiro, o alumnado de Infantil asistiu a unha obra de teatro en Pontevedra, gustoulles tanto que queren repetir! No vídeo podedes ver un anaquiño desta obra 😍😍😍.
Visita Ledicia Costas
O xoves 31 de xaneiro tivemos a honra de que a escritora Ledicia Costas visitara a nosa biblioteca. Foi unha xornada para recordar: contounos como comezou a súa carreira como escritora , anécdotas que lle pasan cos seus lectores... e tivo unha sesión especial cos nenos e nenas do Club de Lectura, Os Superlectores, que van ler ,este trimestre, unha obra súa :A señorita Bubble, os de 3º e 4º de Primaria e A balada dos Unicornios, os de 5º e 6º. Tamén tivemos a sorte de que nos dedicou un exemplar de cada libro para a biblioteca e nos deixou unha dedicatoria para cada clase. Grazas Ledicia!
miércoles, 30 de enero de 2019
Día da Paz
Ola a todos e todas! Hoxe celebramos o Día da Paz no colexio. Os nenos e nenas leron poesías sobre a paz de diferentes autores e, entre todos, construimos un milladoiro para poñer no xardín coas mensaxes de paz de todos os cursos.
Este foi o vídeo que subimos ás Redes Sociais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)