miércoles, 26 de diciembre de 2018

Visita do Trasno Fantástico

Ola a todos e todas, por fin xa temos o vídeo da visita do Trasno Fantástico! Pasámolo moi ben, recolleu as nosas cartas e contounos a súa historia. Esperamos que o vindeiro ano volte e o pasemos tan ben como este!




viernes, 21 de diciembre de 2018

Nadal

 Despois  de estar toda a semana facendo  travesuras por todo o cole, hoxe tivemos unha visita moi especial, o Trasno Fantástico e os seus elfos, que nos contaron a súa historia e recolleron as cartas para os Reís Magos. Aquí tedes un pequeno resumo mentres editamos todo o vídeo


Aroa e a súa nai contáronnoss como é o Nadal en Londres; en inglés!





Se queredes agasallar un libro, estas son as recomendacións lectoras do Equipo da biblioteca para este Nadal , hai para todas as idades.







lunes, 17 de diciembre de 2018

Chega o Nadal

Este ano o Nadal chegou cunha sorpresa: Elfi trouxo un conto para a biblioteca coa  historia do Trasno Fantástico. Podedes ver a súa chegada no vídeo.
Este trasno fai moitas travesuras!




Obradoiro de Zentangle


Temos obradoiros polas tardes mensualmente, aos que se poden anotar todos os pais e nais que o desexen. Neste caso fixemos un obradoiro de postais para o nenos/as e un de Zentangle para as nais que asistiron.

viernes, 7 de diciembre de 2018

Día da Constitución










Conmemoramos o Día da Constitución investigando como era a nosa sociedade no ano 1978. O día 5, a biblioteca proxectou unha pequena curtametraxe do arquivo de RTVE sobre o día 6 de decembro de 1978  que  foi o punto de partida para explicar a importancia da Constitución.


martes, 4 de diciembre de 2018

Día Internacional das Persoas con Discapacidade




Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Equipo da Biblioteca, seleccionou algúns vídeos como punto de partida para unha posterior reflexión. Invitamos a toda a comunidade educativa ao seu visionado clicando nas imaxes.







Tamén fixemos un cartel coa mascota do colexio para difundir nas redes sociais, Instagram e Facebook, o noso lema " Por un mundo sen barreiras".