Comunicado das alumnas e alumnos de sexto.
Obradoiro sobre igualdade |
Un ano máis, o equipo da biblioteca coordinou diferentes actividades ao longo de toda a semana co obxectivo de sensibilizar ao noso alumnado sobre un problema moi importante na sociedade actual: a violencia contra as mulleres.
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto tiveron unha charla sobre a igualdade entre homes e mulleres, todos os cursos colaboraron na elaboración do cartel contra a violencia deste ano, os nenos e nenas de sexto elaboraron un comunicado que leron aos demais e grabaron como banda sonora do vídeo : “Dicimos non contra a violencia de xénero “, e , finalmente, os de cuarto , despois de traballar a canción, fixeron unha coreografía coa canción “ Déjala que baile”.
Educamos para a PAZ e contra a violencia.