A recomendación lectora desta semana e un libro que leva por título Xurxiño quere ser... cóntanos a historia dun neno o que lle preguntan que é o que quere ser de maior.E todo o mundo da unha resposta sin pregúntarlle a él o que el pensa. Pero, cando por fin el o sepa vaia sorpresa van a levar seus pais................ queredes saber o que quere ser Xurxiños de maior????????
Miguel Vázquez Freire: Xurxiño quere ser...
Ilustraciones de Xosé Tomás
Col. Mar de letras, 8. Baía Edicións. A Coruña, 20
SIPNOSIS:
Xurxiño ten seis anos. É un neno alto e forte. Gústalle acompañar os seus pais cando van de compras. Un día, indo coa nai comprar o peixe, a vendedora pregúntalle se sabe que vai ser de maior. Como el lle di que non o sabe aínda, ela coméntalle que podería ser un bo mariñeiro. O rapaz, ao saír, imaxínase séndoo, pero non lle gusta a idea, pois os mariñeiros non se poden marear.
Algo semellante lle acontece cando vai co pai comprar carne. O carniceiro, que lle fai a mesma pregunta, opina que de maior poderá axudarlle a el na carnizaría. Pero Xurxiño non se imaxina con coitelo e a bata branca sucia de sangue.
Cando vai á granxa leiteira a polos cartóns de leite, o encargado anímao a muxir unha vaca. E como o fai tan ben anúncialle que será gandeiro. El imaxínase traballando como tal, levando o penso ás vacas, muxíndoas e facendo queixo. Ata que se queda durmido, canso pero contento. Cando esperta, no coche dos pais, observa un mestre pintor pintando unha vaca en pleno campo.
Pasados uns días, dilles aos pais que quere pintar. Eles, que están a ver a tele, nin caso lle fan... ata que regresa xunto a eles todo manchado de pintura. Viña de pintar na parede do cuarto o que el dicía que eran vacas. Porque Xurxiño xa sabe o que quere ser de maior....