viernes, 29 de noviembre de 2024

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Ola de novo!

Voltamos cunha actividade para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero. 

Os nenos e nenas elaboraron un avión de papel, no que escribiron una frase ou unha palabra contra a violencia e en pro do amor e a liberdade. Despois, lanzamos os avións dende as montañas do patio, mentres o alumnado de sexto lía o seu manifesto. https://www.ivoox.com/player_ej_136277640_6_1.html?c1=f86525%27

Agora, decoran a entrada do noso centro para recordarnos a importancia de querer ben





lunes, 5 de febrero de 2024

FEBREIRO

 Damos a benvida ao mes de febreiro coa festa do Entroido e a conmemoración do día de Rosalía de Castro. 



martes, 16 de enero de 2024

Recomendación lectora

 Para comezar o ano, Iván quere facer unha recomendación lectora que xa é un clásico. 
Tamén comenta que esta edición ten algunhas erratas. A ver se alguén máis as atopa... 

          



domingo, 3 de diciembre de 2023

domingo, 26 de noviembre de 2023

Novidades

Os voluntarios  e voluntarias da biblioteca traballan para que todo estea  no seu sitio e poidades atopar facilmente as novidades que chegan.







Día contra a violencia de xénero





 Olaaaa!

Comezamos este ano coas actividades do Día contra a violencia de xénero. Fixemos un abecedario coas palabras que curan e contra a violencia e limos un manifesto contra esta lacra que afecta a tantas mulleres cada ano. 


Clica para escoitar o manifesto


https://drive.google.com/file/d/1ATm5Ou3UVHxmtXl4gr3ebMy4dgrR2gkZ/view?usp=drivesdk




 












 


sábado, 12 de noviembre de 2022

Consello das Nenas e Nenos

 Un ano máis comezamos as reunións do Consello das Nenas e Nenos. Nesta primeira reunión fixemos a constitución  do Consello  con representantes elixidos polos seus compañeiros de clase. Queremos presentar os ao Consello deste ano que vai ter moiiitoooo traballo! 




Coñecendo o noso entorno

 O alumnado de EI fixo unha saída polo entorno  do colexio para buscar tesouros do outono e voltamos coa cesta chea. 











viernes, 4 de noviembre de 2022

Museo do Mar

Visitamos o Museo do Mar co alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Vimos o Acuario coas especies da Ria de Vigo e fixemos un obradoiro sobre o que podemos atopar nas praias. O que máis lles gostou foron as quenllas do acuario!




viernes, 28 de octubre de 2022

MAGOSTO

 Que festa tivemos hoxe no cole! Fixemos un montón de cousas divertidas: xogos , comimos castañas e chourizos e…. Para fin de festa : a ANPA trouxo a Javi SOLLA e pasámolo xenial! 




Trick Or treat

 Ola, o xoves tivemos unha sorpresa na entrada e o alumnado de primaria tivo que atravesar un túnel do terror . Foron un montón de risas!! Despois a profe Lorena fixo os retos do Halloween en inglés e conseguimos golosinas. Pasámolo de medo!!




E houbo  un montón de disfraces arrepiantes!











miércoles, 26 de octubre de 2022

SAMAIN

  Despois de dous anos moi duros, este ano quixemos celebrar o Samaín dun  xeito especial . Hoxe tivemos un montón de obradoiros terroríficos e moi divertidos:

Maquillaxe arrepiante

Cociña de medo

Pócimas maxicas

Decoración de cestas

Nos vídeos podedes ver como foi a mañá 👻👻👻👻👻👻👻





Dia das bibliotecas 24 de outubro


Ola de novo! Comezamos este ano o blog coa celebración do noso día e a visita de Raquel Queizás que nos contou un montón de lendas da nosa terra.