▼
Pages - Menu
▼
Pages
▼
miércoles, 26 de diciembre de 2018
Visita do Trasno Fantástico
Ola a todos e todas, por fin xa temos o vídeo da visita do Trasno Fantástico! Pasámolo moi ben, recolleu as nosas cartas e contounos a súa historia. Esperamos que o vindeiro ano volte e o pasemos tan ben como este!
viernes, 21 de diciembre de 2018
Nadal
Despois de estar toda a semana facendo travesuras por todo o cole, hoxe tivemos unha visita moi especial, o Trasno Fantástico e os seus elfos, que nos contaron a súa historia e recolleron as cartas para os Reís Magos. Aquí tedes un pequeno resumo mentres editamos todo o vídeo
Aroa e a súa nai contáronnoss como é o Nadal en Londres; en inglés!
Se queredes agasallar un libro, estas son as recomendacións lectoras do Equipo da biblioteca para este Nadal , hai para todas as idades.
lunes, 17 de diciembre de 2018
Chega o Nadal
Este trasno fai moitas travesuras!
Obradoiro de Zentangle
Temos obradoiros polas tardes mensualmente, aos que se poden anotar todos os pais e nais que o desexen. Neste caso fixemos un obradoiro de postais para o nenos/as e un de Zentangle para as nais que asistiron.
viernes, 7 de diciembre de 2018
Día da Constitución
martes, 4 de diciembre de 2018
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Equipo da Biblioteca, seleccionou algúns vídeos como punto de partida para unha posterior reflexión. Invitamos a toda a comunidade educativa ao seu visionado clicando nas imaxes.
Tamén fixemos un cartel coa mascota do colexio para difundir nas redes sociais, Instagram e Facebook, o noso lema " Por un mundo sen barreiras".
domingo, 25 de noviembre de 2018
Día contra a violencia de xénero
Comunicado das alumnas e alumnos de sexto.
![]() |
Obradoiro sobre igualdade |
Un ano máis, o equipo da biblioteca coordinou diferentes actividades ao longo de toda a semana co obxectivo de sensibilizar ao noso alumnado sobre un problema moi importante na sociedade actual: a violencia contra as mulleres.
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto tiveron unha charla sobre a igualdade entre homes e mulleres, todos os cursos colaboraron na elaboración do cartel contra a violencia deste ano, os nenos e nenas de sexto elaboraron un comunicado que leron aos demais e grabaron como banda sonora do vídeo : “Dicimos non contra a violencia de xénero “, e , finalmente, os de cuarto , despois de traballar a canción, fixeron unha coreografía coa canción “ Déjala que baile”.
Educamos para a PAZ e contra a violencia.
martes, 20 de noviembre de 2018
“Booktubers “
Este ano os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria farán unha sección neste blog de recomendacións lectoras para todas as idades. O primeiro libro é o seguinte:
Estade moi atentos ás próximas recomendacións. Todos os libros desta sección podes atopalos na biblioteca , pide axuda aos nosos voluntarios !!
Día Universal do nen@
Este ano, o equipo da biblioteca coordinou un pequeno vídeo para dar a coñecer á toda a comunidade educativa algúns dos dereitos que teñen todos os nenos e nenas . Cada titoría traballou sobre dous dereitos, sobre o texto e a imaxe máis axeitada para facer chegar a mensaxe a tod@s. Clica para ver o resultado.
lunes, 19 de noviembre de 2018
Obradoiro de cámaras
O obradoiro deste xoves era para os maiores do cole, cuarto, quinto e sexto. Decoraron unha cámara de fotos para facer un marco e fixeron unha foto co seu libro favorito.
Voluntarios da biblioteca
Esta semana, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria asinaron os seus contratos de compromiso coa biblioteca despois dunhas xornadas de formación . Este ano tamén farán recomendacións de libros interesantes.Pronto teredes máis noticias .....
lunes, 12 de noviembre de 2018
CONTACONTOS
Seguimos coas sesións de contacontos dos alumnos e alumnas de sexto aos máis pequenos do cole, que están encantados con as historias que elixen. Xa agardamos con impaciencia o próximo.📗📙📕📕
miércoles, 7 de noviembre de 2018
Magosto e Samaín
O día 31 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín, pero houbo moitas actividades que se fixeron ao longo da semana anterior: decoración do colexio, recomendacións lectoras de medo, cada clase elaborou unha cabaza de conto .... A continuación tedes as imaxes e vídeos desta festa. Esperamos que o pasarades moi ben!
martes, 6 de noviembre de 2018
Día das bibliotecas
Este año celebramos esta festa cunha sesión de contacontos por parte dos mestres que forman parte do equipo da biblioteca . Aqui tedes un pequeno vídeo que o resume:
Hoxe comezaron as reunións do club de lectura para nais e pais.Cada ano temos un reto de lectura no que cada mes se le un libro. O primeiro será un libro da literatura xuvenil ,Harry Potter y la piedra filosofal. O club está aberto a toda a comunidade educativa, se queredes vir.... estades convidad@s.
lunes, 19 de febrero de 2018
Visita ao Pergamiño Vindel no Museo do Mar
Azucre en lata
Vídeo da actividade realizada dentro do Proxecto de Alimentación Saudable desenvolto polo Equipo de Biblioteca